martes, 25 de enero de 2011

Cronica

RUTA DO CASTELO (O VALADOURO)
23-1-2011
Como non podía ser doutro xeito, empezamos o ano 2011 na Asociación de Sendeirismo Paso Miúdo coa ruta por nos habilitada no noso pobo de referencia, Ferreira.
A ruta ten un total duns 17 km cun máximo de 700 metros de altura con saída e chegada na Casa da Xuventude. Alí estivemos un total de 16 ás nove en punto para pasar, unha vez mais, unha xornada de sendeirismo en boa compañía.
Inda que o tempo non acompañou demasiado á ruta mais dura do calendario deste ano, esta foi todo un éxito. Subimos pistas que non son utilizadas mais que polos empregados de mantemento dos parques eólicos, atravesamos campos de turba habitados solo por cabalos bravos, paseamos polo medio de muíños que farían recuar ó mesmo “Don Quijote”, baixamos por camiños cheos de pedras arrasados pola auga do inverno que parecían mesmo antigos ríos hoxe secos, e acompañados todo o tempo por unha néboa espesa e un frío vento que non daba tregua mais que cando chovía (nalgúns puntos sarabia)… visto así pode parecer duro, pero para nada, foi todo unha aventura entre paisaxes abraiantes. Se ben estas paisaxes estiveron ocultas ós ollos dos sendeiros pola néboa en moitos puntos, cando por veces esta desaparecía deixando un ocos de Galicia á vista era como un… “oooooooooooohh!!" (non se pode explicar). Outra vantaxe (isto é unha teoría de Angel) é que ó non ver a distancia tampouco ves “o esforzo” que estas a facer, e levas a ruta mais de forma mais livián. Si é verdade ou non cada un terá a súa opinión, pero o que si que sei e que para min foi moito menos afanosa do que nun principio me esperaba, de feito, inda non deixaramos a pista asfaltada e xa estaba tan cansa que, sabendo que faltaban uns 600 metros por subir, pensei seriamente si seguir ou dar volta alí. Pero sabendo do espírito solidario do grupo decidín seguir porque, como así foi, sabia que non habería ningún problema para parar a descansar ou a esperar ós que subimos mais de vagar e baixamos con paso miudiño. Coma sempre unha excelente actuación de Angel e Javier como guías e “coche escoba” do grupo.
O único punto escuro deste día foi o comprobar que moitas das sinalizacións que con tanto esforzo e afán algúns dos membros do grupo colocaran para a habilitación da ruta, foron arrancadas ou extraídas sen que vaiamos a afondar mais nos posibles motivos.
O que si que botei algo de menos con respecto á ruta de Taramundi foron as tabernas á beira da ruta, e esa sidra que repón forzas moito mellor que o Aquarios, onde vai a parar!! pero estreamos o refuxio construído na baixada da ruta e houbo churrasco á chegada a Ferreira, que tamén nos sentou bárbaro!!
Próxima ruta: A Fonsagrada e o seu cocido o día 20, vémonos en menos dun mes!!!!!

Elena.


No hay comentarios:

Publicar un comentario